O CIFP A Xunqueira fai unha entrega solidaria de roupa a Boa Vida
O alumnado do CIFP A Xunqueira de Pontevedra entregou á asociación Boa Vida da localidade varias caixas de roupa de segunda man recollida nunha campaña solidaria organiza polos rapaces e rapazas do Instituto de Formación.
A iniciativa forma parte da asignatura Mantemento e Actividades de Apoio a Persoas Non Dependentes na que, da man da profesora Inés Rey Calvo, o alumnado na FP básica de actividades domésticas e limpeza de edificio, preparase para sair ao mercado laboral. O grupo realizou este xesto solidario como primeira fase do proceso de reutilzación solidaria de prendas textís baixo os parámetros de:
Levar o que xa non precisaban.
Recoller as prendas que estaban no punto de recollida que a asociación tiña no centro.
Seleccionar o que estaba en bo uso.
Lavar, planchar e empaquetar para levar a tenda da asociación.
Dende Boa Vida agradecemos este xesto que coma sempre cumpre co triple obxectivo de reducir residuos, facilitar ingresos a persoas en situación de exclusión, e achegar o traballo de formación e emprego a cidadanía.
A Xunqueira, boa vida, Boda Vida social, CIFP A Xunqueira, inclusión social, pontevedra, reciclar, reparar, reutilizar, solidaridade, traperos, traperos de emaús, tres erres