O VERÁN NA HORTA, a época do froito e o suor.
do froito e o suor.Continuando coa información dos traballos realizados na horta fixemos un balance sumamente positivo e enriquecedor do que se colleitou e traballou na horta nos últimos tres meses.
Foron meses de moito traballo, limpeza de maleza, montaxe de bancais e colleita de todas as hortalizas (pementos, berenxenas, tomates, xudías).
Sumáronse novos participantes e voluntarios, o que sempre trae un aire de cambio e movemento. Cando se incorporan novas persoas faise unha presentación grupal e trátanse temas relacionados coas dinámicas e organización da horta. Tamén se falou do compromiso coa horta e proxecto sendo fundamental para un bo funcionamento do equipo.
Tivemos unha visita da Televisión de Galicia no mes de xullo, que acaba de saír estes días e que podedes ver no link relacionado http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/vivir-aqu-semanal-107-5822019?t=55?t=62
Todo o que acontece na horta queda reflexado nas actas que se levan os días que imos e despois son compartidas co grupo destinado a poñer esa información, deste xeito todos os participantes saben o que se fai.
Fixemos unha formación teórico-práctica en carpintería, construíndo e mellorando o espazo, onde se fixeron papeleiras, estanterías, e portas novas para o galiñeiro, lo cal foi útil e enriquecedora non só para adquirir novos coñecementos sino tamén para mellora do espazo.
Temos varias ideas de futuro para que o proxecto medre día a día coa participación de todos e todas as persoas é que haxa un crecemento colectivo. Seguiremos ese camiño construíndo todos xuntos con erros ou acertos pero en solidariedade e amizade, que xa vos iremos contando no próximo post da horta.