Skip to main content

Patchwork no rural

Querid@s veciñas e veciños ??
Querémosvos propoñer unha nova actividade comunitaria: crear unha Labor de Retazos Comunitaria .
Tod@s podemos participar de xeito individual dende as nosas casas ? e sumar así a unha pequena gran obra de arte en común.
Como di no cartel, podes cortar teas, ganchillar ou calcetar. Se queres podes plasmar nos teus retazos unha mensaxe que che gustaría compartir ou unha reflexión que está presente durante estas semanas. Creatividade ao poder! ??
Cando os teñamos podemos intercambiarnos fotos ?? e así animaremos a máis xente ata que podamos xuntalos todos en persoa.
Cando todo isto pase, organizaremos un encontro no cal podamos compartir presenza e as nosas vivencias mentres gozamos da peza de arte creada entre tod@s con moitos sorrisos de por medio ?
Participa e anímate a seguir creando espazos de encontro en común aínda na distancia ?
Se queres participar contacta cos compañeiros Cesar e Cris no teléfono 604 23 74 44