Sobre a situación e a cobertura mediática do asesinato dunha muller en Pontevedra
(Pontevedra, 23 maio 2023).- A coordinadora xeral de Boa Vida, Pepa Vázquez manifesta o seu grande pesar polo asesinato dunha muller en Pontevedra. Non so polo feito en si mesmo, senon tamén polo tratamento público que algúns medios e ámbitos da sociedade pontevedresa deron a este crimen.
Nesta entrevista para Radio Voz Pontevedra (a partir do minuto 39) Vázquez, como responsable da asociación solidaria, de integración social, e loita contra a pobreza, reivindica tamén un maior respeto mediático, institucional e de toda a cidadanía nestos casos e apela a responsabilidade de todos os axentes sociais nestas situacións tan devastadoras para todos.