Tenda Solidaria Boa Vida

Coñeces as Rebaixas de Xaneiro, a Semana Fantástica do Corte Inglés, o Venres Negro, ou o Ciber Lúns. Aínda non coñeces as Tendas Solidarias da asociación Boa Vida??????

Non te preocupes, hoxe vas descubrir, que outra forma de mercar é posible, dun xeito ecolóxico, social e sostible.

As Tendas Solidarias Boa Vida, é un lugar onde a reciclaxe e a economía sostible se fai realidade, onde os traballadores poden ser os teus veciños, amigos ou familiares, onde a labor social coas persoas que máis o precisan é o noso día a día.

Actualmente estamos a ofrecer nas nosas tendas unhas promocións que as grandes superficies non che ofrecerán. Podes mercar na nosa selección 4 prendas x 1 euro, disfraces entre 1€ e 5€ e moitas máis oportunidades.

Axúdanos a fomentala reutilización♻️ e consumo responsable. Debemos darlle unha segunda oportunidade ó que ainda ten utilidade.

Tendas Solidarias Boa Vida:

  • Rúa Santa Clara, nº35, na cidade de Pontevedra.
  • Rúa Da Seca, nº3, na cidade de Pontevedra

AGARDÁMOSTE!!!!

Grandes promocións
Disfraces, roupa e moito máis

4x1, Promoción, TENDA SOLIDARIA

Boa Vida inclusión social

A nosa misión é traballarmos para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

Pontevedra-Trado / Pontedeva (Ourense)
986 101 116 / 604 237 244

Recibe información para estar atento os nosos proxectos e axudas.