Skip to main content

Reparto gratuito mascarillas cirúrxicas

Dende a Asociación Boa Vida, e grazas a colaboración da EAPN Galicia, imos realizar un reparto de mascarillas cirúrxicas ás persoas que máis o precisan.

Sendo coñecedores dos poucos ingresos das familias na actualidade e do custo que as mascarillas supoñen no seu día a día, ademáis dos gastos básicos en alimentación, vivenda, etc., consideramos que este artigo, é un ben necesario nesta etapa que estamos a vivir, xa que a saude e a prevención ante COVID repercute en toda a nosa sociedade.

O reparto gratuito levarase a cabo o martes 9 de febreiro, no local social da Igrexa de Santiaguiño do Burgo na cidade de Pontevedra, dende as 09:30 as 13:30.

Para acudir á recollida e poder manter as medidas preventivas que as medidas sanitarias están en vigor, é preciso inscribirse a través de Whatsapp no teléfono 698 124 762, enviando na mensaxe nome, apelidos e número de documento (DNI, NIE, Pasaporte)

#boavidainclusionactiva

boavidainclusionactiva