Skip to main content

Xornadas EAPN contra a pobreza dende o rural

Xornada da EAPN – Galicia sobre a desigualdade territorial no acceso a dereitos

O 4 de decembro, EAPN organiza unha xornada para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos como a vivenda e o emprego, así como para loitar de xeito eficaz contra a pobreza e a exclusión social.

Dirixida a entidades e persoas vinculadas ao medio rural, o prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de decembro.

Dende unha visión positiva e propositiva abordaranse estes eidos a través dun diálogo inicial moderado pola presidenta de COCEDER España, Tamara Balboa, xunto con representantes técnicos das Consellerías de Medio Rural e Política Social, un panel de experiencias coa participación de CDR O VisoFederacion Galega de Turismo RuralDaqui DarredorMilhulloaCOGAMI e Fundación Entretantos e, por último, traballo en grupos no que as persoas participantes poderán validar as demandas xa prantexadas dende EAPN ás distintas forzas políticas, así como identificar novas propostas e medidas de actuación.

Podes consultar o programa completo da xornada neste enlace.

Neste enlace podes acceder directamente ao formulario de inscrición:

Inscríbete!

BoaVida, boavida rural, EAPN