Skip to main content

QUEN SOMOS

Somos un equipo de profesionais e as persoas que acompañamos, levamos á práctica os tres piares da asociación solidariedade, loita contra as causas que producen pobreza e o dereito a vivir do traballo.

En definitiva, persoas coma ti, que queremos mellorar a nosa vida, a da sociedade e a do planeta.

FILOSOFÍA

A nos a filosofía básase na solidaridade, na cooperación  e no  traballo en equipo. Apoiámonos no lema EU NON ME RENDO. 

MISIÓN

Diminuír desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso  ás oportunidades a través da formación e o traballo en equipo.

VISIÓN

Contribuir a construir unha sociedade xusta e inclusiva.

“Fronte a calquera sufrimento humano, dedícate non só a solucionalo no acto, senón tamén a loitar contra as causas que o producen” Abbé Pierre

HISTORIA

Dende o 2010 en Pontevedra.

Nacemos no 2010, en Pontevedra, vinculados ao Equipo Municipal de Inclusión Social (EMIS), un programa municipal do Concello de Pontevedra. Co peche deste servizo decidimos continuar a nosa andaina como asociación e despois de traballar no fortalecemento do grupo promotor rexistrámonos como Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida, en febreiro do 2012.

Estivemos dous anos levando a cabo os fins recollidos nos nosos estatutos, principalmente no referente aos dereitos e deberes sociais (actividades formativas, informativas e reivindicativas).

Cando estabamos a punto de disolvernos, recibimos o apoio (económico, técnico e humano) de Traperos de Emaús de Navarra. Decidimos manter a actividade e iniciar unha que a pesar de tela nos estatutos non eramos quen de pola en marcha: a actividade laboral.

No 2014 deseñamos o que é a nosa actual estrutura: Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS), e Tendas Solidarias. Con ambas mantemos diferentes proxectos financiados polas administracións públicas, as doazóns e as vendas.

No 2015 abrimos a tenda solidaria de forma permanente, iniciando o proceso cara á empresa de inserción Vivir do Traballo.  No 2016 consolidamos a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais e Tendas Solidarias, cun almacén e unha furgoneta; ademais de estabilizar o equipo de traballo.

Temos a disposición as memorias anuais para poder ver a evolución.

Espazos de traballo

As nosas instalacións foron deseñadas para unha atención responsable.

Equipo / compañeiros e compañeiras

Persoas altamente cualificadas que se encargarán de escoitarte e acompañarte dende diferentes áreas como a psicoloxía, o traballo social, a educación social, a pedagoxía e a orientación laboral.