Skip to main content

Día do Refuxio: tres accións abertas á cidadanía

Co gallo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, Boa Vida convida a toda a veciñanza de Pontevedra a participar en tres accións concretas que reivindican o dereito á acollida e a un espazo seguro para todas as persoas. Baixo o lema “Ningún ser humano é ilegal”, saímos ás rúas para demostrar que outro mundo é posible.

Programa de actividades

🗺️ Xoves 18 de Xuño ás 11.00h — Mapa a pé de rúa
Intervención participativa no espazo público cun mapa físico. As persoas asistentes poderán pór a palabra que falta para completar a mensaxe colectiva.
Lugar: Rúa de Benito Corbal.

🎬🎶 Xoves 18 de Xuño ás 18.00h — Cine e música pola acollida
Proxección do filme Nomadland (2020) e actuación en directo do Coro Intercultural de Boa Vida.
Lugar: Salón de actos do edificio administrativo de Benito Corbal (entrada por Javier Puig).

🥾 Sábado 20 de Xuño ás 09.30h — Andaina solidaria pola senda do Lérez
Roteiro a pé, de dificultade baixa, aberto a todas as idades. Un percorrido para compartir natureza e conversa.
Punto de encontro: Tenda de Boa Vida na rúa de Santa Clara.

Manifesto
Dende Boa Vida lembramos que:

“É descorazonador dicirlle a alguén que non pode darse de alta porque ten que esperar dous anos. Isto favorece a economía somerxida.”
Porque ningún ser humano é ilegal. Porque todas as persoas merecen un espazo seguro.

Participación e inscrición
Todas as actividades son abertas e gratuítas ata completar a capacidade. Para a andaina do sábado recoméndase confirmar asistencia no correo [migracions@boavida.org] ou no teléfono [698 124 762], para facilitar a organización.

Comparte o cartel, corre a voz e achégate.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *