Skip to main content

Diario de novas Boa Vida

Para nós é importante transmitir todo o que ocorre no noso entorno e sobre todo estar en contacto contigo.

Formación Teórico-Práctica: “Venda e Selección” na Tenda Solidaria de Boa Vida

Dende Boa Vida, a través das nosas tendas solidarias, organizamos unha nova formación teórico-práctica de “Venda e Selección”. Unha iniciativa deseñada para achegar ás persoas participantes ás competencias esenciais do sector comercial, cunha forte orientación á empregabilidade e á economía circular. Descrición da actividade: O curso combina sesións teóricas con prácticas reais na contorna da […]

Crónica: O Magosto Asociativo 2026, un éxito de comunidade e voluntariado

O pasado sábado 7 de novembro, a Praza da Pedreira acolleu unha nova edición do Magusto Asociativo, un evento que superou todas as expectativas e que se consolidou como un espazo de encontro para a veciñanza e o tecido social de Pontevedra. Unha xornada inesquecible A xornada comezou cunha enorme acollida. A participación foi grande […]

Obradoiro de Búsqueda Activa de Emprego: Comunicación aplicada

Dende Boa Vida, poñemos en marcha unha nova edición do noso programa de Búsqueda Activa de Emprego. Trátase dun espazo de encontro, acompañamento e apoio mutuo deseñado para persoas que están a buscar traballo ou que necesitan orientación. Metodoloxía: Fuximos dos formatos tradicionais ou das clases maxistrais. O noso obradoiro é un espazo dinámico e […]

Charla sobre relacións laborais: nova data o 13 de novembro

Finalmente, a charla informativa “As relacións laborais: dereitos, deberes e modalidades de contratación”, organizada por Boa Vida en colaboración coa Confederación Intersindical Galega (CIG) de Pontevedra, xa ten nova data. Tras o adiamento da convocatoria inicial, a sesión celebrarase o vindeiro venres 13 de novembro de 2026. Descrición da actividade: Unha charla aberta e gratuíta […]

Sesión de Búsqueda Activa de Vivenda: coidados, acompañamento e deseño de campaña

O vindeiro venres 30 de outubro de 2026, o programa Búsqueda Activa de Vivenda reúnese nunha nova sesión. O encontro terá lugar na sala 07-08 do edificio administrativo de Javier Puig (3º andar) e centrarase en tres eixos fundamentais. Contidos da sesión: Búsqueda Activa de Vivenda: Continuamos co acompañamento e as ferramentas para a procura […]

V Magosto Associativo: solidariedade coas persoas migrantes

O vindeiro 7 de novembro de 2026, a Praza da Pedreira (Pontevedra) acolle a quinta edición do Magusto Associativo, un espazo onde o tecido asociativo da cidade se une por unha causa xusta. Este ano, todo o recadado irá destinado a apoiar ás organizacións que traballan a pé de rúa en Ceuta, ofrecendo axuda directa […]

Obradoiro: Dixitalízate! Aprende a facer os teus trámites de forma dixital

Organizamos un novo obradoiro práctico para facilitar o acceso ás ferramentas dixitais e mellorar a autonomía das persoas nas xestións cotiás. A actividade desenvolverase do 19 ao 23 de outubro de 2026 na Aula CEMIT. Descrición da actividade: O obradoiro está deseñado para todas as persoas que queiran aprender a realizar trámites habituais a través […]

Reflexionando sobre vivir con dignidade: preparación do Día da Erradicación da Pobreza

Dende o programa Somos Migracións, convidámosvos a participar nunha actividade de concienciación arredor da dignidade e o dereito a vivenda, enmarcada na preparación do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (17 de outubro). A proposta combina unha sesión de reflexión en grupo coa preparación dunha acción na rúa, co obxectivo de visibilizar unha situación […]

Busca Activa Emprego: nova edición os días 6 e 7 de outubro 2026

Dende Boa Vida organizamos unha nova edición do obradoiro de Busca Activa de Emprego, unha formación práctica e gratuíta que se desenvolverá ao longo de dúas xornadas co obxectivo de dotar as persoas participantes de ferramentas eficaces para a procura de traballo. Descrición da actividade: O obradoiro combina catro eixes fundamentais para mellorar a empregabilidade: […]

Crónica: Excursión aos cultivos ecolóxicos de Daiquí e á vila de Allariz

O pasado sábado 26 de setembro, organizamos unha nova saída no marco dos programas Vivir co Rural e Somos Migracións. O destino: os cultivos ecolóxicos de Daiquí e a vila de Allariz. Unha xornada de dobre aprendizaxe A excursión tiña un obxectivo dobre. Por un lado, coñecer de primeira man outras formas de cultivar, achegándonos […]

Formación Vida Acompañada: Que farías ti?

O vindeiro venres 2 de outubro, organizamos unha nova sesión da formación Vida Acompañada, o noso programa centrado na abordaxe da soidade non desexada. Nesta ocasión, a sesión articularase arredor da dinámica “Que farías ti?”, unha proposta práctica que convida ás persoas participantes a poñerse na pel doutras persoas a través de situacións hipotéticas. Descrición […]

Coro Intercultural de Boa Vida: novas prazas dispoñibles

O Coro Intercultural abre unha nova convocatoria para todas as persoas que queiran sumarse a este proxecto musical e comunitario. A próxima sesión celebrarase o luns 5 de outubro de 2026, de 18.45h a 20.15h, na Residencia de Campolongo. Descrición da actividade: O Coro Intercultural é un espazo de encontro onde persoas de distintas orixes, idades […]

Podes estar informada de primeira man subscribindote o noso boletín.